domingo, 11 de junio de 2017

Proxecto final V

Ola! Hoxe vouvos ensinar o resultado final de este proxecto, que despois de moito tempo e moitos cambios, conseguimos rematalo. Para poder descargalo tendes que clicar aquí e así podedes acceder a todo o test. Eu encargueime de facer as páxinas, enlazalas entre si, de centrar o texto, de facer os botóns, de facer o styles e o scripts e tamen me encarguei de colocar as fotos dos personaxes. A mayor parte das cousas xa as expliquei nos outros artigo menos o de como colocar as imaxes.
Para colocar imaxes nas túas páxinas html emprégase este código:
<img src="A túa imaxe.jpg" width="200px">

Ten que estar en formato .jpg aunque tamen podes tela en formato .png
Despois de colocar este código teríache que quedar unha cousa así:

E este sería o resultado. Espero que vos guste o test e que este artigo vos servira de algo. Un saúdo :)

domingo, 4 de junio de 2017

Proxecto final IV

Ola! Seguimos aínda co proxecto final e cada día engadíndolle máis cousas. Hoxe vouvos mostrar un novo código que lle puxemos ás nosas páxinas para que se vexa un pouco máis centrado. Aquí tendes este código:

<center><body>...</body></center>O <center> serve para centrar o que ti escibas.
Este código debes colocalo antes de <body> e despois de </body>, como se mostra no recadro de arriba.

Con el as páxinas vense moito mellor. Espero que vos sirva de algo. Un saúdo :)

Proxecto final III

Ola! Hoxe vouvos mostrar unha continuación do proxecto final. Tivemos unha serie de problemas co traballo e case a última hora, tivemos que borralo case todo e volvelo a facer. Agora acurtámolo máis e reorganizámosnos un pouco mellor. Eu agora fago o que ven sendo a estructura das páxinas e o enlace entre elas, miña compañeira Ariadna crea as preguntas e as respostas para cada páxina e a miña outra compañeira Gemma encárgase do estilo da páxina e das imaxes.
Agora solo vai ser un test de cinco preguntas que levan á personaxe Disney que encaixa máis coa túa personalidade. Nos anteriores artigos solo vos mostrei como era a páxina pero hoxe veño enseñarvos como enlazar unha páxina con outra a través dun botón.
<h3><a href="A páxina que queres que se enlace">Aquí</a></h3>Isto é para que ao clicar na palabra ou frase que ti escribas (onde aparece Aquí)te leve a esa páxina que tiveches que poñer antes.
<h3><button class="btn" type"button" onclick="funcionCambiadora()"></h3>Isto é o código para aplicar un botón.
<h3><a href="A páxina que queres que se enlace"><button class"btn" type"button" onclick="funcionCambiadora()">Aquí</a></h3>Isto é para enlazar unha páxina con outra a través dun botón.
No noso traballo introducimos o terceiro código para que cando cliques nunha resposta te leve á seguinte páxina que é a seguinte pregunta.
Espero que vos sirva de algo. Un saúdo :)