viernes, 14 de julio de 2017

Resaltación de cores

Hola a todos de novo! Hoxe vouvos enseñar como resaltar as cores de algún obxecto ou rasgo dunha imaxen. A foto que empreguei para este proxecto é esta:

Entón, vouvos mostrar como poñer toda a imaxe en branco e negro e os colgantes e os ollos da nena de cor, para resaltalo.
Empecemos logo ;)

1ºPaso

O primeiro que tes que facer é ir a Archivo e Abrir a imaxe que queiras editar.
Logo, tes que ir a archivo, nuevo e pegar outra vez a imaxe nese fondo branco. Agora terías dúas imaxes iguais.

2ºPaso

Agora volves á imaxe principal, á primeira de todo, e pasámola a escala de grises. Para iso, hai que ir a imagen, modo e escala de grises. Vaiche aparecer unha ventá, onde che dí se estás seguro de perder as cores, e daríamoslle a descartar as cores.
Despois de iso, volveríamos a imagen, modo e agora clicaríamos en Color RGB.

3ºPaso

A continuación, terías que volver á copia que fixeches, clicar en selección e seleccionar todo. Unha vez seleccionado, terías que copiar a imaxe (Ctrl+C), ir á outra foto da nena, a que está en escala de grises, e premer no teclado Ctrl+V para pegar.

4ºPaso

Unha vez pegada a foto enrriba da outra, collemos o borrador máxico que hai na ventana lateral esquerda de ferramentas e borramos todo menos cos colgantes da nena e os ollos.

5ºPaso

E agora, imos resaltar os ollos e os colgantes clicando en filtro e enfocar.

6ºPaso

Por último, acoplamos a imaxe e clicamos en archivo e gardamos a nosa imaxen editada.
E xa teríamos a nosa imaxen.
Espero que vos servira de algo. Un saúdo :)

Texto con foto

Hola de novo a todos! Hoxe vouvos enseñar a facer un texto con imagen en Photoshop. Empecemos logo ;)

1ºPaso

O primeiro que temos que facer é ir a archivo na barra superior e logo premer en Nuevo. Abrirase unha ventá para escribir as medidas do fondo branco. Unha vez aberta, tes que escribir o nome do teu proxecto, predefinir a papel internacional e poñelo a A4, xa que pode aparecer en A6, e logo cambiar a anchura a 297 e altura a 210, para que así quede en horizontal.

2ºPaso

No fondo branco imos facer o texto que queiramos que teña a foto, para iso tes que ir a barra de ferramentas, premer na ferramenta de texto e seleccionar a máscara de texto horizontal. Logo clicas no fondo branco e escribes o que desexes. Tamen podes cambiarlle a fonte e o tamaño.
Para cambiar o tamaño tes que ir a Selección e Transformar selección.
No meu caso, puxen o meu nome.

3ºPaso

Agora escolle unha imaxe, a que ti desexes para poñerlle ao teu texto. Eu escollín esta:
Entón, unha vez buscada a imaxe, vas a archivo, abrir e seleccionas e túa imaxe.
Despois de iso tes que ir a Selección, clicar en Todo e premer no teclado Ctrl+C (para copiar).

3ºPaso

Logo, volves á o teu proxecto, onde tes as túas letras e para pegar a imaxe nas letras, tes que ir a barra superior e clicar en Edición e despois Pegar dentro.
Unha vez pegada dentro, vas cambiando de capa para aumentar tanto as letras como foto, e para aumentar ou diminuir tes que ir a edición e a tranformación libre.

E unha vez que adaptes a túa imaxe, tendría que quedarche así:
Por último, toca gardala, pero non gardar solo, tes que cambiarlle o formato á hora de gardala no teu ordenador, porque así, gárdala como unha imaxen.
O que terías que facer primeiro é, acoplar a imagen (como ven vos dixen no anterior artigo, tes que ir a fondo e clicar co botón dereito) e unha vez acoplada, premes en Archivo y Guardar como e ahí, é cando tes que cambiar o formato da túa imaxe a jpg. ou jpeg.
E por último aparecerache unha ventá, onde simplemente tes que darlle a Ok e xa estaría.
O resulado final:


Espero que vos servir de algo. Un saúdo :)

Edición Ollo

Hola a todos de novo! Estiven traballando cun programa de edición chamado Adove Photoshop, e hoxe veño ensinarvos algunhas das cousas que fixen con este programa.
Neste artigo mostrareivos como cambiar a cor a algo, neste caso, a cor de ollos. Para iso, collín unha imaxe dun ollo a cal vos deixo aquí:


Para descargar o programa tendes que ir a aquí e premer no botón de descargar. Logo sería instalalo no teu ordenador e listo para utilizalo. A min por exemplo pasáronmo xa descargado e só era instalalo no meu ordenador.
Pois entonces, vou comezar a explicarvos o que fixen:

1ºPaso

O primeiro que tes que facer e abrir o teu programa de photoshop, na barra superior premer en archivo e en nuevo.
Ahí tes que poñerlle nome a esa imaxe e predifinir a túa imaxe a papel internacional. Logo vaiche aparecer que o tamaño está en A6 e ahí terás que cambialo por A4. Despois tes que cambiarlle a resolución por 70 píxeles/pulgada. Por último, darlle a Ok e xa terías un fondo en branco.

2ºPaso

Unha vez gardada a foto do ollo que vos puxen anteriormente, clicas en archivo e abrir, e selecionas a foto do ollo. Unha vez aberta a imaxe en Photoshop, vas á barra superior, premes en selección e logo a Todo:


  Xa tendo a imaxe toda seleccionada, clicas nas teclas Ctrl+C (para copiar) e abres a pestaña de Photoshop onde tes o teu fondo branco. Ahí clicas nas teclas Ctrl+V (para pegar) e pegas tres veces esa imaxe. Iso tendríache que quedar así:

3ºPaso

Agora xa temos as nosas imaxes aliñadas no fondo branco. Cada imaxe, incluido o fondo, é unha capa, por iso temos que ter coidado de onde queremos facer cada cousa.
Puxen tres imaxes aliñadas, onde só vou modificar dúas, así ter un ollo marrón, outro azul e outro verde.
Deixei tal e como estaba o primerio ollo e comecei editando o segundo. Entón, clicamos na Capa 2 e collemos a ferramenta de lazo, e logo a opción de lazo magnético (que se encontra na barra de ferramentas lateral). Unha vez seleccionada, nas opcións do lazo magnético clicamos a opción 3 que serve para restar a selección.
Agora co lazo magnético selecionamos o iris e unha vez seleccionado, comezamos a facer o mismo pero coa pupila. Así só teríamos seleccionado o iris, que é o que nos interesa para cambiar de cor.

4ºPaso

Agora procedemos ao cambio de cor. Para iso, co noso iris selecionado, imos á barra superior, prememos en imagen e logo en ajustes. Dentro de ajustes imos á opción de Tono/Saturación. Unha vez ahí, podemos poñer o ollo ao noso gusto. Eu por exemplo, púxeno así:



Logo imos a Selección e prememos en Deseleccionar. E xa teríamos un ollo.
Agora, facemos o mesmo co último ollo, sempre acordándonos de cambiar de Capa.

5ºPaso

Por útlimo, unha vez acabado todo, imos a capas, prememos en fondo, e clicamos co botón dereito. Logo, premes en acoplar imagen e xa terías o teu traballo todo acoplado nunha soa foto.

E esto sería todo. Eu apliqueino en ollos, pero podedes cambiarlle a cor ao que desexedes.


Espero que vos gustase e que vos servira de moito. Un saúdo :)



Xogo do Cohete V. Final.

Hola de novo a todos! Como ben pon no título, xa solo quedan os últimos pasos para ter acabado este proxecto. Hoxe explicareivos os últimos detalles:

-Facer que os teus personaxes, se movan dun sitio a outro e non na mesma dirección sempre.
-Se non chocan co cohete, facer que volvan a subir de novo para seguir xogando.

Empecemos logo ;)

1ºPaso

Para que os teus personaxes non caian sempre na mesma dirección, hai que ir ás accións creadas no artigo anterior e ahí volver a engadir outra acción. Entón, agregamos unha acción, abrirase unha ventá e nela iremos a Todos los objetos, a posición e a posición X de un objeto. Unha vez ahí, o objeto será o que estea escrito na casilla da dereita en cada caso (austronauta, austronauto, marciano), o signo de modificación, "=" e o valor, Random(780).
Isto todo que vimos hasta ahora tendríache que quedar así:
Agora os teus personaxes xa se poderían moverse dun lado a outro e non sempre na mesma dirección.

2ºPaso

Agora, neste paso faremos que os personaxes poidan volver a arriba e que non caian e non poida seguir o xogo.
Para iso, tes que agregar un evento. Logo tes que agregar unha condición, abrirase unha ventá e ahí ir a Todos los objetos, posición e posición Y de un objeto. Unha vez ahí, tes que escribir o nome dun dos personaxes (astronauta, autronauto, marciano), o signo de evaluación, ">" e a posición Y, 600.
E isto telo que facer cos tres personaxes.
Agora pasamos para a casilla da esquerda, e creamos dúas accións para estes eventos.

1ªAcción:

Ir a Todos os Objetos, Posición e posición Y de un objeto. Unha vez ahí, o objeto vai ser o personaxe da casilla que corresponda, o signo de modificación, "=" e o valor, 0.
E así con todos os personaxes.

2ªAccción:

Agora vamos crear a última acción.
Ir a Todos los objetos, posición e posición X de un objeto. Unha vez ahí, o objeto vai ser o personaxe da casilla que corresponda, o signo de modificación, "=" e o valor, Random(780).
E así con todos os personaxes.
 Isto todo que fixemos hasta agora tendría que quedar así:

E unha última cousa, para que non haxa problemas cos personaxes, no gestor de proyecto, clica dúas veces en extensiones e marca movimiento de arriba y abajo:
E xa terías o teu xogo rematado. Espero que vos gustase este tutorial e que poideses crear un xogo simple, pero divertido.
A pesar dos cambios de programa e todo, conseguín rematar o que me propoñía e estou moi orgullosa de acabalo. Foi unha experienca moi boa, porque aprendín moitísimas cousas gracias a tutoriales que aparcen neste canal.
Un saúdo :)

Xogo do Cohete lV

Hola a todos de novo! Hoxe continuaremos outro pouco máis con este proxecto e ensinareivos como facer que os teus personaxes choquen co cohete e desaparezan. Tamen vos mostrarei como facer que funcione a puntuación. Entón, empecemos ;)

1ºPaso

Empezamos por agregar un evento e agregar unha condición. Abrirase unha ventá onde terás que ir a Sprite e logo a colisón. Unha vez ahí, o objeto 1 será o cohete e o objeto 2 será a austronauta.
E terías que repetir o paso dúas veces máis cos outros personaxes, o austronauto e o marciano.

2ºPaso

Agora imos saltar un momento coa puntuación, porque nos vai servir para as accións que imos colocar nas casillas da dereita de cada colisión de personaxes, que creaches no paso anterior. Para iso, tes que ir á ventana de gestor de proyecto, ir á Principal, que é a escena que tes creada, clicar co botón dereito do rato encima de Principal e ahí tes que clicar en modifica los valores iniciales. Unha vez ahí, abriráseche unha ventá onde tes que darlle a o signo "+" e cambiar o nome por "Puntos". Por último darlle a Ok, e volver ao apartado de eventos da túa escena.

3ºPaso

A continuación, no apartado de eventos, imos ás casillas da dereita dos eventos creados no 1ºPaso. Ahí agregamos unha acción e abrirase unha ventá, onde terás que ir a Todos los objetos, a posición e clicar en posición Y de un objeto. Unha vez ahí, o objeto será en cada caso o personaxe da casilla da esquerda (austronauta, austronauto, marciano), o signo de modificación vai ser "=" e o valor, 0.

 4ºPaso

Agora no mismo sitio, volvemos a crear outra acción, a que vai servir para que cada personaxe sume unha certa cantidade de puntos. Entón, agregamos unha acción, abrirase unha ventá e ahí, iremos a Variables e a Valor de una variable. Unha vez ahí, a variable será Puntos (Que foi o que fixemos no 2ºPaso) o signo de modificación sería:
-Austronauta/Austronauto: "+"
-Marciano: "-"
E o valor sería:
-Astronauta/Austronauto: 100 (ou a cantidade que queiras).
-Marciano: 150 (ou a cantidade que queiras):


Variable Austronauta/Austronauto:



Variable Marciano:


Con isto, cada vez que colisionase un astronauta contra o cohete, gañarías 100 puntos, en cambio, se colisiona o marciano, perderías 150 puntos.

3ºPaso

Con só o anterior a túa puntuaxe non cambiaría no Texto que escribiches como se indica no primeiro artigo. Entón, para que funcione e cambie, tes que ir ao mismo sitio de evento que nos anteriores pasos, e volver a engadir unha acción. Abrirase unha ventá e terás que ir a Objeto Texto, Modificar Texto, e unha vez ahí, o objeto vai ser VisorPuntos, o signo de modificación será "=" e o Texto, "GlobalVariableString(Puntos).

 Con isto, o personaxes colisionarían contra o cohete sumando puntos ou restando.
Espero que vos sirva de algo. Un saúdo :)

Xogo do Cohete lll

Hola a todos de novo! Hoxe vamos continuar co proxecto e vamos introducir un evento para que os personaxes poidan baixar a un determinado tempo. Empezemos logo ;)

1ºPaso

Primeiro vamos colocar un evento que vai indicar que as accións que escribas posteriormente van comenzar nada máis empezar a escena. Para iso tes que ir a agregar un evento, agregar unha condición, a opción escena e clicar en al comenzar una escena.
Unha vez posto esto, pasamos ao seguinte paso.

2ºPaso

Agora, imos crear un evento para que os nosos personaxes baixen a un mismo tempo. Para iso, tes que agregar un evento e agregar unha condición. Abrirase unha ventá onde tes que ir a Cronómetros y Tiempo, e logo a valor de un cronómetro. Unha vez ahí, o tempo será de 1 segundo (aínda que lle podes poñer o tempo que queiras) e o nome do cronómetro será "Caída".
A continuación, seguimos na casilla da dereita e agregamos unha acción. Abrirase de novo unha ventá onde tes que ir a Todos los objetos, a posición e clicar en posición Y de un objeto. Unha vez ahí, o objeto será a austronauta, o signo de modificación será "+" e o valor, Random(5).
E iso telo que facer con todos os personaxes. Simplemente solo hai que cambiarlle o nome do obxecto e ao final deberíache de quedar así:
Agora as túas personaxes xa baixarían a un tempo determinado.

Espero que vos sirva. Un saúdo :)

jueves, 13 de julio de 2017

Xogo do Cohete ll

Hola a todos de novo! Hoxe veño a continuar co meu proxecto e véñovos a explicar a seguinte parte do proxecto.
O que vos vou explicar é como mover o cohete no teu xogo, dun lado a outro. Empecemos logo ;)

1ºPaso

Unha vez postos xa os obxectos, agora vamos mover o noso cohete. O cohete vaise mover a través de eventos que ten a escena.

O primeiro que imos facer é ir ao apartado de Eventos que está xusto ao lado de Escena. Ahí, imos agregar un novo evento. Isto encóntrase na barra superior do programa.
Unha vez feito eso, imos a agregar una condición na primeria casilla. Abrirase unha ventá onde tes que ir a Teclado, logo a tecla presionada e despois escribir a tecla que queres presionar (sempre ten que estar entre comillas, porque poida que non funcione). No meu caso escribín a tecla "a".

Unha vez posta, procedemos a ir para a seguinte casilla. Nela imos agregar a acción que vai ter o cohete ao presionar a tecla escrita anteriormente.
Logo de premer, abrirase unha ventá onde tes que ir a Todos os obxectos, despois a posición e despois a Posición X de un obxecto. Ahí poñeremos que o obxecto vai ser o Cohete, logo poñeremos o signo de modificación que vai ser "-" e despois o valor que vai ser 5. Ponse cinco porque é un valor normal para o tamaño do xogo.
Isto todo servirache para que ao clicar nesa tecla o teu cohete vaia cara a esquerda.

Pero iso só non vai funcionar. Agora hai que crear un sub-evento no teu primeiro Evento, para determinar onde vai estar situado o cohete.
Entón, clicas na opción de sub-evento e na primeira casilla agregas unha condición. Abrirase de novo unha ventá e nela tes que ir a Todos os obxectos, posición, posición X de un obxecto e logo escribes que o obxecto é o Cohete, que o seu signo de modificación vai ser "<" e o seu valor vai ser 0.
A continuación vas para a seguinte casilla, añades unha acción e logo aparecerache outra vez a ventá. Unha vez aberta, tes que ir a Todos os Obxectos, Posición, posición X de un obxecto e logo escribes que o obxecto é o Cohete, que o seu signo de modificación é "=" e que o seu valor é 0.
Con todo isto o teu Cohete xa se tería que mover para a esquerda ao premer o botón "a" do teu teclado.

2ºPaso

Por último hai que facer a outra tecla, que é a tecla para poder mover o teu cohete cara a dereita.

Tes que facer o mismo que a anterior. Novo Evento, agregar condición, Teclado...
E obviamente, tes que cambiar a tecla. E por exemplo púxenlle a letra "d".
Despois de ter eso, imos á casilla da dereita e añadimos unha acción. Abrirase unha ventá e nela, tes que ir a Todos os Obxectos, Posición, posición X de un obxecto e ahí, o obxecto vai ser o Cohete, o signo de modificación vai ser "+" e o valor vai ser 5. O único que cambia só é o signo.

E isto deberíache quedar así:

 E xa estaría. E agora xa podes mover o cohete para os lados.
Espero que vos sirva. Un saúdo :)