jueves, 13 de julio de 2017

Survival Shooter. Final. Hola GDevelop!

Hola a todos de novo! Como vos dixen no anterior artigo, estaba co programa Unity o cal por desgraza teño que eliminalo de este proxecto e crear un novo, debido a unhas imposibilidades que me achega o Unity. Aínda que estes problemas surxiron moito máis tarde, conseguín facer algo: o lugar onde se encontra o xogo e un pouco dos personaxes. Debido a eses problemas, decidín cambiar de programa. O programa que escollín foi o que vos mostrei en anteriores artigos que é o GDevelop. A continuación deixareivos como se descarga este programa e a ver se hai máis sorte ;)

1ºPaso

Para descargalo tes que ir a este enlace e unha vez nesa páxina clicas en descargar.

Logo tes que indicar o tipo de ordenador para poder descargar o modelo de programa axeitado a este.

Despois tes que gardar o archivo e logo unha vez descargado clicar en Ejecutar.


2ºPaso

Unha vez descargado, agora comezamos coa instalación do programa. Primeiro de todo poñemos o idioma da instalación. No meu caso púxeno en español. Logo xa comeza a instalación.



Logo tes aceptar os términos e clicar na tecla siguinete.

Despois vólveslle a dar a seguinte e a continuación de eso gardas a carpeta do teu programa onde ti desexes, clicando en examinar.

Logo aparéceche a opción de descargar recursos e exemplos para que che sexa máis doado facer o teu videoxogo. Eu dinlle a descargar todo, pero non tendes por que.

Despois de iso, danche a opción de elixir onde queres que se encontre o teu programa e se queres ter un icono de escritorio ou un icono de incio rápido.


E por último xa solo terías que premer en instalar.
E xa tería o teu programa GDevelop descargado e listo para comezar a crear o teu videoxogo.


Listo, esto sería a descarga do programa. Espero que vos sirva. Un saúdo :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario