jueves, 13 de julio de 2017

Xogo do Cohete l

Hola a todos de novo! Como ben vos dixen no artigo anterior, decidín cambiar de programa e comezar de novo.
O xogo vai tratar sobre un Cohete que ten que conseguir puntos atrapando aos astronautas e escapara dos extraterrestres.
Vouvos explicar como vou creando este xogo para que poidades ver como se manexa este programa.
Hoxe explicarei como se introducen obxectos na escena.

1ºPaso

Para empezar, tes que crear un novo proxecto no GDevelop. Unha vez creado, aparecerache unha ventá onde tes as partes polas que vai estar formado o teu proxecto.


Clicando na opción de principal co botón dereito, aparecerache modificar esta propiedad entre moitas, e ahí poderás cambiarlle a cor á escena.

2ºPaso

Agora, o seguinte que tes que facer é añadir os obxectos, que son estes:





Para añadilos, tes que premer co botón dereito no centro da escena e insertar un novo obxecto. Logo aparecerache unha ventá onde tes que clicar en sprite e despois aparecerache outra ventá onde tes que clicar co botón dereito en imágenes e logo clicar en agregar una imagen de un archivo.
E así vas engadindo todas as imaxes, e logo tes que premer co botón dereito no nome da cada imaxe e renombralo polo nome que ti queiras.

Logo tamén tes que insertar un texto. Para iso, tes que premer co botón dereito, insertar novo obxecto e logo na ventá que che apareza clicar na opción de Texto. Nel escribiremos 0.
Isto serviranos como contador de puntos.



E isto sería como introducir obxectos nunha escena.
Espero que vos sirva. Un saúdo :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario