viernes, 14 de julio de 2017

Edición Ollo

Hola a todos de novo! Estiven traballando cun programa de edición chamado Adove Photoshop, e hoxe veño ensinarvos algunhas das cousas que fixen con este programa.
Neste artigo mostrareivos como cambiar a cor a algo, neste caso, a cor de ollos. Para iso, collín unha imaxe dun ollo a cal vos deixo aquí:


Para descargar o programa tendes que ir a aquí e premer no botón de descargar. Logo sería instalalo no teu ordenador e listo para utilizalo. A min por exemplo pasáronmo xa descargado e só era instalalo no meu ordenador.
Pois entonces, vou comezar a explicarvos o que fixen:

1ºPaso

O primeiro que tes que facer e abrir o teu programa de photoshop, na barra superior premer en archivo e en nuevo.
Ahí tes que poñerlle nome a esa imaxe e predifinir a túa imaxe a papel internacional. Logo vaiche aparecer que o tamaño está en A6 e ahí terás que cambialo por A4. Despois tes que cambiarlle a resolución por 70 píxeles/pulgada. Por último, darlle a Ok e xa terías un fondo en branco.

2ºPaso

Unha vez gardada a foto do ollo que vos puxen anteriormente, clicas en archivo e abrir, e selecionas a foto do ollo. Unha vez aberta a imaxe en Photoshop, vas á barra superior, premes en selección e logo a Todo:


  Xa tendo a imaxe toda seleccionada, clicas nas teclas Ctrl+C (para copiar) e abres a pestaña de Photoshop onde tes o teu fondo branco. Ahí clicas nas teclas Ctrl+V (para pegar) e pegas tres veces esa imaxe. Iso tendríache que quedar así:

3ºPaso

Agora xa temos as nosas imaxes aliñadas no fondo branco. Cada imaxe, incluido o fondo, é unha capa, por iso temos que ter coidado de onde queremos facer cada cousa.
Puxen tres imaxes aliñadas, onde só vou modificar dúas, así ter un ollo marrón, outro azul e outro verde.
Deixei tal e como estaba o primerio ollo e comecei editando o segundo. Entón, clicamos na Capa 2 e collemos a ferramenta de lazo, e logo a opción de lazo magnético (que se encontra na barra de ferramentas lateral). Unha vez seleccionada, nas opcións do lazo magnético clicamos a opción 3 que serve para restar a selección.
Agora co lazo magnético selecionamos o iris e unha vez seleccionado, comezamos a facer o mismo pero coa pupila. Así só teríamos seleccionado o iris, que é o que nos interesa para cambiar de cor.

4ºPaso

Agora procedemos ao cambio de cor. Para iso, co noso iris selecionado, imos á barra superior, prememos en imagen e logo en ajustes. Dentro de ajustes imos á opción de Tono/Saturación. Unha vez ahí, podemos poñer o ollo ao noso gusto. Eu por exemplo, púxeno así:



Logo imos a Selección e prememos en Deseleccionar. E xa teríamos un ollo.
Agora, facemos o mesmo co último ollo, sempre acordándonos de cambiar de Capa.

5ºPaso

Por útlimo, unha vez acabado todo, imos a capas, prememos en fondo, e clicamos co botón dereito. Logo, premes en acoplar imagen e xa terías o teu traballo todo acoplado nunha soa foto.

E esto sería todo. Eu apliqueino en ollos, pero podedes cambiarlle a cor ao que desexedes.


Espero que vos gustase e que vos servira de moito. Un saúdo :)



No hay comentarios:

Publicar un comentario