lunes, 3 de julio de 2017

Novo Proxecto II. Survival Shooter

Hola a todos de novo! No artigo anterior díxenvos que iba realizar un novo proxecto que consistía na creación dun xogo co programa Unity. Este xogo chámase Unity e nesta entrada e nas próximas explicareivos como o fun creando.
Hoxe vou empezar por explicarvos o gráficos principais que é lugar onde se sitúa o xogo, cuxo lugar é unha habitación infantil, con xoguetes tirados polo solo e demais cousas. Entón comencemos :)

Paso Nº1:

Para crear este xogo tes que descargar un zip que contén os recursos e ajustes. A páxina dende o descarguei e esta. Xa na páxina tes que clicar no botón verde que pon "Clown or download" e nel aparecerache unha ventana onde tes clicar no botón de "Download ZIP".
Unha vez descargado terás que ter estas carpetas e archivos:

Logo tes que abrir o Unity e abrir os archivos que descargaches anteriormente:


Despois tes que clicar na tecla File e logo clicar en Save Scene as para poder gardar a primeira parte do proxecto como Level 01.

Paso Nº2:

Agora comezamos a crear o noso xogo. Primeiro colocaríamos os muebles. Para iso tes que ir á carpeta Prefabs e arrastrar a opción de environment cara a pestaña de Level 01. Logo na mesma carpeta poñemos as luces, neste caso sería a opción Lights. Isto pódelo poñer ao teu gusto, eu por exemplo cambiei algúns muebles de sitio.

Paso Nº3:

A continuación, colócase unha cámara de fondo para que os teus xogadores poidan desprazarse e disparar. Para iso tes que ir a GameObject, a continuación a 3D Object e colocar un Quad. Unha vez colocado o Quad, cámbiaselle o nome por Floor e a continuación pasas a axustar a posición, a rotación e a escala da cámara como se che indica na seguinte foto:

 Despois de isto, o solo vaiche aparecer blanco e para sacar iso tes que ir Mesh Collider e ahí no dibuxo de ajustes tes que clicar na opción de Remove Companent.


 Por último en Layer tes que ter a opción Floor para así che quede fixado a cámara de fondo.

 Paso Nº4:

Por último, a múscia de fondo. Para introducila tes que crear un novo obxecto na opción de GameObject e clicar en Create Empty. Logo tes que cambiarlle o nome por Background Music.


 A continuación, colocamos o sonido no obxecto. Clicamos en AddComponent, logo en audio e e prememos en Audio Souce.


 Logo en AudioClip clicamos no botón dereito de todo para abrir a pestaña cos sonidos e así poñer o que desexemos. Eu o que puxen foi o de Background Music.



 Por último, sacamos o tick de Play on awake e poñémolo en Loop. Logo cambiamos o volume e poñémolo a 0.101

 E xa teríamos o volume posto.

Pois isto foi o primeiro tutorial. Espero que vos sirva de algo. Un saúdo :)


No hay comentarios:

Publicar un comentario