viernes, 14 de julio de 2017

Resaltación de cores

Hola a todos de novo! Hoxe vouvos enseñar como resaltar as cores de algún obxecto ou rasgo dunha imaxen. A foto que empreguei para este proxecto é esta:

Entón, vouvos mostrar como poñer toda a imaxe en branco e negro e os colgantes e os ollos da nena de cor, para resaltalo.
Empecemos logo ;)

1ºPaso

O primeiro que tes que facer é ir a Archivo e Abrir a imaxe que queiras editar.
Logo, tes que ir a archivo, nuevo e pegar outra vez a imaxe nese fondo branco. Agora terías dúas imaxes iguais.

2ºPaso

Agora volves á imaxe principal, á primeira de todo, e pasámola a escala de grises. Para iso, hai que ir a imagen, modo e escala de grises. Vaiche aparecer unha ventá, onde che dí se estás seguro de perder as cores, e daríamoslle a descartar as cores.
Despois de iso, volveríamos a imagen, modo e agora clicaríamos en Color RGB.

3ºPaso

A continuación, terías que volver á copia que fixeches, clicar en selección e seleccionar todo. Unha vez seleccionado, terías que copiar a imaxe (Ctrl+C), ir á outra foto da nena, a que está en escala de grises, e premer no teclado Ctrl+V para pegar.

4ºPaso

Unha vez pegada a foto enrriba da outra, collemos o borrador máxico que hai na ventana lateral esquerda de ferramentas e borramos todo menos cos colgantes da nena e os ollos.

5ºPaso

E agora, imos resaltar os ollos e os colgantes clicando en filtro e enfocar.

6ºPaso

Por último, acoplamos a imaxe e clicamos en archivo e gardamos a nosa imaxen editada.
E xa teríamos a nosa imaxen.
Espero que vos servira de algo. Un saúdo :)

2 comentarios:

  1. Lucía, un traballo estupendo. Só me dá pena pensar na nota que poderías ter sacado de facelo así desde o principio do trimestre, porque non pareces a mesma. O xogo é simple pero está ben explicado e é suficiente para ver que entendes o que fas. Os titoriais de photoshop están tamén moi completos e moi ben, poden valerlle a calquera para aprender a aplicar calquera das técnicas que empregas. Mesmo a explicación da túa elección e posterior descarte do Unity é interesante.
    No teu caso especialmente, está claro que o teu problema non foi a falta de interese nin de habilidade coa informática, senón a xestión do teu tempo e esforzo e o traballo en equipo. Tes que ir adquirindo ferramentas para iso, porque van ser moitas as veces nas que vas ter que traballar con máis xente e non sempre van respostar ben. Teste que asegurar de que a túa parte do traballo saia adiante, ás veces asumir responsabilidades que non che tocarían e falar e discutir o que teña que ser discutido, porque se non o fas o resultado xa o viches esta avaliación. Espero que aprenderas con este traballo, aínda que non fose agradable verte suspensa e te diría que sigas co blog se ves que o disfrutas, porque se che dá ben e sempre será unha carta de presentación moi boa no futuro.
    Hala, a descansar e a desfrutar do verán! ;)

    ResponderEliminar