viernes, 14 de julio de 2017

Xogo do Cohete V. Final.

Hola de novo a todos! Como ben pon no título, xa solo quedan os últimos pasos para ter acabado este proxecto. Hoxe explicareivos os últimos detalles:

-Facer que os teus personaxes, se movan dun sitio a outro e non na mesma dirección sempre.
-Se non chocan co cohete, facer que volvan a subir de novo para seguir xogando.

Empecemos logo ;)

1ºPaso

Para que os teus personaxes non caian sempre na mesma dirección, hai que ir ás accións creadas no artigo anterior e ahí volver a engadir outra acción. Entón, agregamos unha acción, abrirase unha ventá e nela iremos a Todos los objetos, a posición e a posición X de un objeto. Unha vez ahí, o objeto será o que estea escrito na casilla da dereita en cada caso (austronauta, austronauto, marciano), o signo de modificación, "=" e o valor, Random(780).
Isto todo que vimos hasta ahora tendríache que quedar así:
Agora os teus personaxes xa se poderían moverse dun lado a outro e non sempre na mesma dirección.

2ºPaso

Agora, neste paso faremos que os personaxes poidan volver a arriba e que non caian e non poida seguir o xogo.
Para iso, tes que agregar un evento. Logo tes que agregar unha condición, abrirase unha ventá e ahí ir a Todos los objetos, posición e posición Y de un objeto. Unha vez ahí, tes que escribir o nome dun dos personaxes (astronauta, autronauto, marciano), o signo de evaluación, ">" e a posición Y, 600.
E isto telo que facer cos tres personaxes.
Agora pasamos para a casilla da esquerda, e creamos dúas accións para estes eventos.

1ªAcción:

Ir a Todos os Objetos, Posición e posición Y de un objeto. Unha vez ahí, o objeto vai ser o personaxe da casilla que corresponda, o signo de modificación, "=" e o valor, 0.
E así con todos os personaxes.

2ªAccción:

Agora vamos crear a última acción.
Ir a Todos los objetos, posición e posición X de un objeto. Unha vez ahí, o objeto vai ser o personaxe da casilla que corresponda, o signo de modificación, "=" e o valor, Random(780).
E así con todos os personaxes.
 Isto todo que fixemos hasta agora tendría que quedar así:

E unha última cousa, para que non haxa problemas cos personaxes, no gestor de proyecto, clica dúas veces en extensiones e marca movimiento de arriba y abajo:
E xa terías o teu xogo rematado. Espero que vos gustase este tutorial e que poideses crear un xogo simple, pero divertido.
A pesar dos cambios de programa e todo, conseguín rematar o que me propoñía e estou moi orgullosa de acabalo. Foi unha experienca moi boa, porque aprendín moitísimas cousas gracias a tutoriales que aparcen neste canal.
Un saúdo :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario