Ola! Hoxe vouvos mostrar unha continuación do proxecto final. Tivemos unha serie de problemas co traballo e case a última hora, tivemos que borralo case todo e volvelo a facer. Agora acurtámolo máis e reorganizámosnos un pouco mellor. Eu agora fago o que ven sendo a estructura das páxinas e o enlace entre elas, miña compañeira Ariadna crea as preguntas e as respostas para cada páxina e a miña outra compañeira Gemma encárgase do estilo da páxina e das imaxes.
Agora solo vai ser un test de cinco preguntas que levan á personaxe Disney que encaixa máis coa túa personalidade. Nos anteriores artigos solo vos mostrei como era a páxina pero hoxe veño enseñarvos como enlazar unha páxina con outra a través dun botón.
Aquí
| Isto é para que ao clicar na palabra ou frase que ti escribas (onde aparece Aquí)te leve a esa páxina que tiveches que poñer antes. |
| Isto é o código para aplicar un botón. |
| Isto é para enlazar unha páxina con outra a través dun botón. |
No noso traballo introducimos o terceiro código para que cando cliques nunha resposta te leve á seguinte páxina que é a seguinte pregunta.
Espero que vos sirva de algo. Un saúdo :)
Para que vale o atributo "onclick"? probáchedes a quitarllo?
ResponderEliminarQue mala sorte ter que borrar todo o que tiñades feito, sobre todo sen ter publicado nin documentado nada.
A verdade é que me costa moito ver que é o que facedes cada unha neste proxecto.
Comprobei ese código que pos no terceiro recadro e non funciona.