Ola! Hoxe vouvos ensinar o resultado final de este proxecto, que despois de moito tempo e moitos cambios, conseguimos rematalo. Para poder descargalo tendes que clicar
aquí e así podedes acceder a todo o test. Eu encargueime de facer as páxinas, enlazalas entre si, de centrar o texto, de facer os botóns, de facer o styles e o scripts e tamen me encarguei de colocar as fotos dos personaxes. A mayor parte das cousas xa as expliquei nos outros artigo menos o de como colocar as imaxes.
Para colocar imaxes nas túas páxinas html emprégase este código:
<img src="A túa imaxe.jpg" width="200px"> |
Ten que estar en formato .jpg aunque tamen podes tela en formato .png
Despois de colocar este código teríache que quedar unha cousa así:
E este sería o resultado. Espero que vos guste o test e que este artigo vos servira de algo. Un saúdo :)
Pois, como artigo final e entrega, moi pobre. O resultado do traballo, tamén moi pobre. Farteime de dicirvos que íades lentas e mal, que estabades a perder o tempo, e todo o que obtiven por resposta foi que estivera tranquilo e seguíchedes igual. Tiñades un proxecto no que se vos deixaba facer o que quixerades e o que entendíchedes é que era tempo para relaxarse e divertirse. Esperaba máis madurez, autonomía e capacidade de esforzo de vós, pero vexo que me trabuquei.
ResponderEliminar